O lume queimou o piñeiral e atravesou as estradas pricipais, pero foi incapaz de entrar no souto e nas carballeiras, verdadeiros cortalumes naturais para os que non se investiron Fondos Europeos.
Os piñeirais meten o lume no bosque autóctono
Os lumes alimentados dende os piñeirais abandonados son capaces de queimar os bordes dos soutos e carballeiras colindantes.
A devesa da Rogueira o mellor bosque e o mellor cortalumes
O bosque autóctono da Rogueira é unha xoia botánica e ao mesmo tempo un xigantesco cortalumes húmido.
Piñeiral abandonado de Ferreirós
Despois do lume, vese claramente como os piñeiros estaban abandonados entre a masa arbustiva. Un ano despois do lume, aínda non foi retirada a leña do monte... Con Fondos Europeos. En Rede Natura.
Abandono da superficie queimada, un ano despois
Este abandono da leña queimada pode ter graves consecuencias, propiciando novos incendios. Obsérvese os piñeiros prantados con Fondos Europeos, como foron abandonados entre a masa de arbustos
Madeira queimada sen recoller, dez anos despois do lume
No "Alto do Couto", preto da Devesa da Rogueira, queimouse este piñeiral fai moitos anos sen que ninguén retirara a leña queimada.
Vilar, piñeiral abandonado.
No Courel, con Fondos Europeos plantáronse milleiros de hectáreas de pirófitas, logo foron abandonadas á súa sorte. Esta de Vilar está en Rede Natura 2000, como a gran maioría delas.
Rodeando unha reliquia
Miles de hectáreas de pirófitas prantáronse rodeando os mellores bosques autóctonos. Neste caso "A DEVESA DA ROGUEIRA", o mellor dos bosques. Con Fondos Europeos. En Rede Natura.
Falta de vixilancia
Con Fondos Europeos construíronse moitas casas de vixilancia, pero non se dotan de persoal e están abandonadas.
Esta do cumio do Piapáxaro, está abandonada e moi deteriorada. Non se utiliza na vixilancia e prevención dos lumes.
Falta de interés polo bosque autóctono
As marxes das estradas están abandonadas, propiciando o paso do lume. Non hai interés polo bosque autóctono centenario.